ESPIRITU ALWAHIRI
ESPIRITU ALWAHIRI
Subtítulo
RUTAS E AVENTURAS

RIBEIRA SACRA 07-06-2014
Outra vez mais, e coma noutras ocasión voltan a xuntarse Espiritu Alwahiri e os Corzobikes para facer outra ruta en bicicleta. Nesta ocasión pola Ribeira Sacra.
Partindo da Fabrica da Luz en Barxacova, vaise dirección Castro Caldelas aproveitando o canón do rio Sil e pasando por Cristosende. Parada para comer en Montederramo cando a chuvia comeza a facer presencia pero logo unha moi boa tarde para rematar a ruta con algo de sol facendo parada nas tumbas de San Lorenzo.
Un Total de 65 km percorrendo a Ribeira Sacra a carón do Rio Sil.
VIA NOVA - SAN ROSENDO
Unha nova aventura por terreo descoñecido e inédito para os alwahiris. Ruta en MTB de 154 km pola Vía Nova e Camiño de San Rosendo desde Braga a Ourense.
Iniciase o sábado 31-05-2014 desde Braga con dous alwahiris para percorrer a distancia de 68 km desde Braga Pola Via Nova a Lobios. Un terreo a veces doado, pero outras cunha calzada romana case imposible de andar.
Ao longo do camiño innumerables miliarios quedan marcando esta antiga Via Nova. Un paso que fixeron os romanos e do que se pode desfrutar aínda hoxe en dia.
Cunha estupenda parada no Parque de Geres para comer, donde se comeu moi ben, atravésase a fronteira de Portugal a Galicia por Portela do Homem, e ao pouco chegase a Lobios, descansando un pouco as pernas nas suas pozas de auga quente.
No seguinte dia, o domingo 01-06-2014, xa sendo 3 a facer a ruta, cunha distancia de 86 km de Lobios a Ourense, faise polo Camiño de San Lourenzo, con parada obrigada no campamento romano AQUIS QVERQVENNIS.
Chegase a Celanova para comer con calma, para, despois de continuar por Vilanova dos Infantes, facer a ultima parte ata o centro do Ourense, sendo algo mais dura neste tramo final de ruta.
Chegada a Ourense con moi bo sabor de boca nunha ruta que se fixo dura pero quen ten moito para desfrutar.
Para visitar a galería fotográfica pincha AQUI.
SENDA DA AUGA
A SENDA DA AUGA é un camiño que percorre de forma paralela o tubo de abastecemento de auga do Concello de Vigo que suministra a presa das Eiras.
Poderíanse diferenciar 3 tramos:
1º Comezando en Teis e rematando no Alto dos Valos
2º Comezando no Alto dos Valos e rematando en Amoedo
3º Comezando en Amoedo e rematando na presa das Eiras.
Ten un percorrido practicamente chan, e unha lonxitude de ida e volta aproximada de 80 Km
- O 1º tramo comeza no depósito de auga na Madroa en Vigo e remata no cruce cara Nespereira na estrada N-550. Ten unha lonxitude de ida e volta de 35 km.
- O 2º tramo comeza no Alto dos Valos, collendo o cruce cara Nespereira na estrada N-550. Ten unha Lonxitude de 15 km ida e volta.
- O 3º tramo comeza a uns 500 m. do centro de Pazos de Borbén, collendo unha estrada na glorieta do centro do pobo e baixando polo camiño que hai no aparacadoiro de terra. Ten unha Lonxitude de 23 km ida e volta.



