CAMIÑOS DE SANTIAGO EN BICICLETA

Diferentes camiños de Santiago que fixeron en bicicleta os alwahiris co paso do tempo.

CAMIÑO DE SANTIAGO A FISTERRA 20-09-2015


Parece que algo ten Fisterra que tanto chama chegar a fin do mundo. Desta vez outra nova chamada que nos leva ata o fin doutro camiño desde Santiago de Compostela.


Nesta ocasión a chegada a Fisterra foi aínda mais fermosa que doutras veces, sobre todo por cadrar ese fin da xornada co fin do dia. Cunhas vistas inigualables do solpor como son desde o mesmo Faro do fin do mundo.


95 km que compartimos os Albertos con Alfonso e Manolo desde Santiago. Unha viaxe na que nos acompañaron para traernos de volta a casa e que se pasou de maneira moi agradable e divertida, grazas tamén o dia tan bo que fixo.

De seguro que se a de voltar moitas veces a Fisterra porque ten iso que te engancha. Ese forte vento e o mar batendo contra as rochas que parece que te atrae para seguir desfrutando do sitio dia tras dia.

Para poder ver todas as fotos deste camiño pinchar AQUI

CAMIÑO SANTIAGO PORTUGUES DESDE TUI 27-06-2015

Dous alwahiris acompañados de dous corzos fan o Camiño de Santiago Portugués desde Tui, nun dia no que a temperatura e o bo tempo foron un factor determinante para pasar un moi bo rato de ruta.


A saída produciuse cun pouco de retraso pero o ritmo durante a xornada foi bastante rápido, polo que se puido chegar a Santiago con tempo e facilidade.


Para Quique era o seu primeiro camiño. David e Buga xa levan uns cuantos e Alberto xa case perdeu a conta das veces que o fixo.


Unha parte do camiño, que pola súa proximidade fai que se poida desfrutar a miudo, da súa beleza e paisaxe.


Foron 115 km que se viron incrementados por ir cadaquén desde a súa casa ata Tui.




Para ver a Galeria completa pinchar AQUI

CAMIÑO DE SANTIAGO DESDE MOAÑA 01-06-2013

O 01 de Xuño do 2013, un grupo de 6 persoas fan o Camiño de Santiago desde Moaña. Un percorrido, no que para enlazar co camiño de Santiago en Pontesampaio, se fai pola costa da Ría en Vilaboa, pasando polas salinas de Ulló.

En total, 96 km de ruta, nun día marcado polo forte vento do Nordes impedindo moito avanzar.

Antes de entrar en Pontevedra, decídese facer o tramo do sendeiro rio Tomeza, desviándose durante uns kilómetros do camiño. Cunha pequena parada no Rio Barosa, achegase a hora de comer en Padrón, probando os seus deliciosos pementos.

Chegouse a Santiago sen moitos problemas. A destacar a innumerable de veces que pinchou a mesma bicicleta, en parte por voltar a poñer rodas que xa estaban furadas.

Grande xornada na moi boa compañía de Alberto, Hadrian, Alfonso, Manolo, Alberto e Alfonso.

 

Para  visualizar as fotos do camino pinchar AQUI

CAMIÑO DE SANTIAGO - VIA DA PRATA DESDE A GUDIÑA 2013

Camiño Santiago pola Via da Prata cos Corzo Bikes saindo de A Gudiña os dias 5 e 6 de Abril do 2013.



Dous dias bastante distintos. No primeiro as baixas temperaturas, o forte vento e as nevaradas complicaron a xornada. Unha xornada que se viu fortemente marcada polo accidente do grupo, pero co paso da horas foi menguando de susto a ledicia por poder seguir continuando todos xuntos. O dia remata en Ourense despois de percorrer 93 km.



A mañá seguinte arrincase de Ourense cun dia totalmente distinto, con Sol que acompaña ao longo de percorrido a pesar de que as temperaturas son baixas. Sen ningún tipo de incidente, o camiño comeza a facerse longo e as forzas comezan a flaquear. As horas van pasando e o dia comeza a finalizar. Sen apenas luz do dia e con 107 km mais, sobre as 21:45, faise entrada na Praza do Obradoiro, sen folgos pero coa ledicia de ter realizado o camiño despois dos atrancos.



Para visualizar o Album de Fotos pinchar AQUI
CAMIÑO DE SANTIAGO - FISTERRA 29-09-2012



As 10:00 da mañá do 29 de Setembro do 2012, un grupo de Ardillas Alwahiri parte da praza do Obradoiro para facer a súa peregrinaxe polo CAMIÑO DE SANTIAGO  FISTERRA.


As 8:00 quedase en Peinador e sendo todos moi puntuais comezase a cargar o furgón, no que alguén aínda dubidaba se entrarban 6 persoas e 4 bicis dentro. Ao final con todo preparado, saíuse cara Santiago e poder iniciar o camiño.


Na primeira hora do camiño parecía que o día sería fresco, pero un par de tramos en subida xa fixeron entrar en calor e que obrigaba a tirar a roupa de abrigo.


 O día transcorre sen consecuencias mecánicas nen ningún tipo de problema físico, polo que a constancia de pedaleo e o bo ambiente facía que os kilómetros foran baixando a unha boa velocidade.


As 14:00 unha parada de unha hora para poder comer, descansar e un café no albergue de Ponte Oliveira prestoulle moi ben a todo o grupo. Logo sempre costa voltar a subir enriba da bicileta pero pouco a pouco colleuse de novo o ritmo.

Na parte central do percorrido, longos tramos de camiño asfaltado, facía un pouco aburrido rodar por esta superficie, pero un gran comezo con moito sendeiros e un final ao mais puro estilo endureiro daban conta dunha ruta moi bonita e amena. A maior dificultade quizais sexa o rompepernas que é toda a ruta.


As 18:00 acadase o Faro de Fisterra. Con el a fin do mundo pero non a fin dun camiño que seguirá a continuar co mesmo Espiritu. O Espiritu Alwahiri que procura unha forma de vida enriba dunha bicicleta.


95 kilometros percorridos en 8 horas cun acumulado de 1500 metros foron os números desta aventura.

Para visualizar as Fotos do Camiño Pinchar AQUI



Un día perfecto para andar en bici co premio de poder desfrutar de moi boa compañía e rematando nun lugar tan místico e apacible como é o Faro de Fisterra. Un lugar que convida a sentarse, escoitar o mar e desfruta da tranquilidade do sitio e o momento.



Para ver o track da ruta pichar AQUI

RUTA DA PRATA DENDE OURENSE 10-09-2011

O sábado 10 de Setembro do 2011. Saen de Ourense,Manu, Fer, Carlos, Jony, David e Alberto dirección Santiago pola RUTA DA PRATA.


O camiño comeza as 9:00 da mañá con gran puntualidade e cun ceo que aínda que con algúns claros ameazando chuvia. Ao pouco, un tramo de estrada coñecido como “a costiña” danos a benvida, aos montes que nos quedan por percorrer e atravesar. Subindo un longo tempo, e cada un ao seu ritmo, despois de afrontar unhas das grandes dificultades, pero quedaba moito por andar.


O mellor do día elixido foi a cantidade de froita atopada ao longo do camiño, que axudou moito no avituallamento.


Cando eran sobre as 11:00 da mañá unha néboa acompañaba ao grupo, e ao pouco a chuvia deixábase notar. Esta aguantou case ata Lalín, onde chegamos arredor das 15:00 horas.

No camiño, non se tivo ningún furado, e ningunha avería a excepción de un atranco de cadea sen moitas consecuencias. A ausencia de peregrinos, deixa en evidencia a dureza do trazado, que por veces era practicamente imposible facelo subido na bicicleta. En Oseira atopámonos cun grupo de 4 ciclistas que tamén se dirixían a Santiago, e en Silleda mentres se paraba para comer algo, dous ciclistas mais pasaron canda nos.


110 km e 2300 m. de desnivel acumulado subindo, foron o resultado de mais de 10 horas de travesía en total. Un percorrido que malia a súa dureza, fai que grazas as paisaxes e sitios visitados, se desfrute a cada instante. Unha ruta que é esixente que a veces fai mermar calquera forza moral, na que pouco a pouco, con calma, os kilometros van pasando e a alegría de rematar faise notar ao Chegar ao Obradoiro.


As 20:00 facemos entrada triunfal na praza do obradoiro, todos, algúns con menos forzas que outros, pero ao fin todos xuntos acadando o fin do camiño.

 Para visulaizar as Fotos do Camiño pinchar AQUI.
CAMIÑO PRIMITIVO SANTIAGO 2011

Mércores 10 de Agosto saída as 5 da tarde en Autobús dende Santiago cara a Fonsagrada facendo ponte en Lugo. As 8.30 chegada a Fonsagrada reunindose cun grupoo que ven dende Oviedo polo camiño primitivo, que ao longo da ruta sumou un novo membro chamado Juan, madrileño, que viña dende Santander.

Coa entrada na habitación do hotel, agardando a subida dos demais do Spá. Cando Gabriel entra no cuarto, unha chamada cunha mala noticia cambia o rumbo do seu camiño e obrígao a voltar cara casa. Decidese continuar co resto do grupo.

Con Porfirio e Chantada, Miguel o asistencia e Veiras proseguimos camino coa nova incorporación, Juan, que xa os acompañara na etapa durante o dia.

A noite unha gran cea na que acompaña Gabriel, xa que non marcha ata o dia seguinte, e que se alonga a ta as tantas da noite. Logo o grupo divídese, e algén pode comprobar a marcha que ten a Fonsagrada un dia de semana as tantas da noite.

Xoves 11 de Agosto. A FONSAGRADA - FERREIRA - 75 KM.

Quen diría que no almorzo, todo o mundo se erguería tan puntual e con tantas ganas despois da noite anterior, mais de un seguro que colleu folgos. O bo da mañá foi que unha espesa néboa cubriu o ceo da Fonsagrada e sabedores da calor que faría, pois agradeceuse ata que xa a media mañá comezou a quentar moito o sol.

A etapa descorre sen grandes complicacións, pero as duas do mediodía, Juan decide seguir nunha parada que se fixo, xa que el alongaría moito mais o percorrido, tentando chegar nese dia ata Arzúa. O resto seguimos para despois de atravesar as murallas de Lugo seguir ata onde as forzas acompañasen, e isto foi ata Ferreira, onde Miguel está agardando polo grupo para sorpresa de todos, chegando a un sitio tan recóndito do camino, despois de percorrer  75 km. Logo subiuse na asistencia para ir durmir ao Balneario de Lugo que xa estaba contratado. Unha cea dentro das murallas de Lugo puxo fin a noite para descansar para o dia seguinte poder chegar a Santiago.


Venres 12 de Agosto. FERREIRA - SANTIAGO DE COMPOSTELA - 77 KM.

Tocaba erguerse cedo porque ainda se tiña que ir en furgoneta ata o punto onde se finalizou a etapa o dia anterior. Un almorzo forte a abundante no Balneario par acoller forzas e comentando como se atopaba cada un de forzas foi o comezo da derradeira etapa.


Antes de comezar a andar en bici, parada para recoller auga e encher as garrafas, porque o dia sería caloroso e beberíase moito. As 10:30 xa se estaba andando en bici camiño de Melide, para Miguel sorprendernos cunha Rosca de Pan e unha empanada que a ninguén deixan indiferente. Probando de todo un pouco e enchendo os bidóns de bebida continuamos ata a próxima parada.


En Arzúa unha nova parada, xa a ultima para comer ben, beber e facer a parte final do camiño ate Santiago. Unhas pequenas pendentes coas que non se contaba, fan que o dia sexa mais duro do pensado. Aínda así a medida que se achega o monte do Gozo, parece que as forzas van a mais, pola ledicia de rematar o camiño. Xa chegando un pequeno pinchazo aprecia que daría a lata, e xa anteriormente Porfirio tivo que cambiar unha cámara. No dia anterior un único pinchazo, que fixo que as averías non foran causas de retraso nin complicacións.

Despois de O Gozo, todo e baixada ata Santiago, para rodando polas súas fermosas e ateigadas ruas de pedra, facer un derradeiro paseo triunfal antes de chegar a praza do Obradiro donde nos reunimos con Miguel e nos reencontramos con Juan.

Un marabilloso percorrido de 77 km, no que ata Arzúa donde se unfica o camiño primitivo co Frances, que o percorren milleiros de persoas e no que os albergues estas completos antes xa case da sua apertura a unha do mediodía, non se topa moita xente, e que moita xente non realiza, de seguro pola súa dureza.

Para visitar a galería fotográfica pinchar AQUI

RUTA DA PRATA DENDE OURENSE 01-11-2010

 

O 1 de Novembro do 2010 Espiritu Alwahiri percorreo o Camiño de Santiago pola RUTA DA PRATA dende OURENSE.

 

A saida foi as 7:15 dende a estacion de tren de Porriño para comezar o camiño as 9:00 dende Ourense cunha distancia de 110 km en 9 horas das cales so 8 foron en bicicleta.

 

A ruta xa comeza con unha "costiña" que non daba rematado, pero xa despois de Cea, foi subir sen parar, e despois de Oseira inda peor. Os camiños estaban moi rotos e corrian rios de auga por mor das chuvias, a pesar diso, estaba todo o camiño precioso. Choveu moito, vento en contra, frio e neboa, ...

Para visualizar as fotos do camiño pinchar AQUI

 

Para visualizar o mapa en Wikiloc pinchar AQUI

CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUES DESDE RATES 2010

Os dias 18 e 19 de Setembro de 2010, Espiritu Alwahiri realiza o CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUES en MTB desde a localidade lusa de Rates.

O dia 18, pártese dende Porriño no tren das 8 da mañá, chegando a Nine en Portugal as 10:00. As 10:30 comezase a andar dende esta localidade dirección Rates a 15 km, para enlazar no Camiño de Santiago Portugués.

 

 
 
Comezan o camiño nesta primeira xornada 6 persoas: Moncho, Jony, David, Carlos, Manuel e Alberto.
 
Altitude.
minima: 3 metros, máxima: 390 metros.
 
Desnivel acumulado.
subindo: 1711 metros,
baixando: 1719 metros
 
As 20:00 chegase a Porriño, despois de percorrer 120 km en 9 horas e 30 minutos, cun tempo cronometrado de 8 horas.
 
 Para visualizar o mapa en Wikiloc pinchar AQUI.

O dia 19, comezase a andar as 9:30 dende Porriño, para nesta derradeira xornada chegar a Santiago.

Neste dia as persoas que participan son: David, Carlos, Manuel e Alberto, xuntándose ao grupo Fon en Padrón que viña de Vilagarcia para acompañar ata Santiago.

 
Altitude.
minima: 2 metros, máxima: 265 metros.
 
Desnivel acumulado.
subindo: 1451 metros,
baixando: 1215 metros
 

As 18:00 chegase a Santiago, despois de percorrer 100 km en 8 horas e media, cun tempo cronometrado de 7 horas.

Para visualizar o mapa en Wikiloc pinchar AQUI.



En total foron 220 km, que se viron dificultados, sobre todo en terras lusas, debido a cantidade de tempo rodando por terreo adoquinado. Un dos tramos mais duros, foi a zona despois de Ponte de lima, o cal dificultou o paso das bicicletas tendo que levalas as costas. Non houbo ningún furado nin ninguha avería mecánica de consideración.

Para visualizar as fotos do camiño pinchar AQUI

CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUES DESDE TUI 2009

19 de Setembro de 2009, CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUES desde Tui en MTB.

Saída: 8:00 dende a gasolineira de Tui.

Distancia: 120 km.

Tempo: 11 horas

Seguir o acontecemento en FACEBOOK

Sairon de Tui as 8:30 as seguintes persoas: Jony, David, Marcos Alonso, Manuel e Alberto. Ao chegar a Porriño unironse Javi e Alberto.


Ata Pontevedra non deixou de chover e na peregrina enlazou Richard que viña de Vilagarcia.


A medida que pasaban as horas e nos acercábamos a Santiago o tempo ia mellorando e os pinchazos ian aumentando, ata chegar a uns 10 pinchados e alguna averia mecánica importante.


Chegada a Santiago as 19:00 horas despois de percorrer 120 km, cun tempo cronometrado de 8 horas.

 

Para ver as Fotos do camiño pinchar AQUÍ.

CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUES DESDE MOS 2008

16 DE MARZO DE 2008 ESPIRITU ALWAHIRI participa no CAMIÑO DE SANTIAGO Portugués organizado polo CONCELLO DE MOS, partindo dende este mesmo Concello.

 A lonxitude do percorrido foron 95 Km cunha duración dunhas 10 horas totais con varias paradas para reagrupamentos, e entre elas para a comida en CALDAS DE REIS.

 No percorrido participaron 100 persoas coas que tivemos o pracer de coñecer, compartir afición e charlar o longo do camiño nun día no que as condición climatoloxicas foron as axeitadas para este tipo de rutas.

 Para visitar a galería fotográfica pincha AQUI

SOCIAL

FOTOS RECENTES

PROXIMAS ACTIVIDADES

NOVAS

VIDEOS RECENTES

486 views - 0 comments
371 views - 0 comments
604 views - 0 comments

COLABORADORES

O TEMPO

CONTACTO

Grazas por contactar con Espiritu Alwahiri. En breve porémonos en contacto con vostede.
¡Vaya! Se ha producido un error.
Haz clic aquí para volverlo a intentar.

MEMBROS MAIS RECENTES

VISITAS