10 SETEMBRO RUTA DA PRATA DENDE OURENSE EN MTB

« Volver al calendario « Evento anterior | Siguiente evento »
Saturday September 10, 2011 8:30 AM - 8:00 PM

Un ano mais, o Sábado 10 de Setembro de 2011, Espiritu Alwahiri ten pensado realizar o Camiño de Santiago, RUTA DA PRATA en MTB dende o centro da Cidade das Burgas.

Saída: as 10:00 dende Ourense (8:30 Estación de Autobuses de Vigo).

Percorrido: Ourense – Santiago de Compostela.

Distancia: 110 km.

Tempo: 8 horas.

Altitude: mínima: 64 metros, máxima: 834 metros.

Desnivel acumulado: subindo: 2400 metros, baixando: 2200 metros.

A mellor opción para poder ir ata Ourense, e voltar dende Santiago e o autobús pola facilidade que ofrece a hora de transportar as bicicletas. O autobús sae as 8:30 dende a estación de autobuses de Vigo,chegando a Ourense as 10:00. A estación de autobuses de Ourense queda onde pasa o camiño, polo que non se ten necesidade de desviar para enlazar coa Ruta daPrata. Para a volta, saen autobuses cada hora dende Santiago dirección Vigo.

A hora aproximada de chegada a Santiago serán as 20:00.

Para os avituallamentos, para que non coñeza a ruta, pois non se pasa por moitos pobos donde poder mercar. Coa saída dende Ourense, o seguinte pobo para posible parada sería Cea a 17 km. Despois, Oseira a 9 km de Cea. A 10 km de Oseira topase Dozón. Silleda atopase a 27 km de Dozón, e Bandeira a 7 km de Silleda.

Mais información, comentarios e dúbidas no FORO

Para visualizar o percorrido en wikiloc pinchar AQUI


Añade un comentario

¡Vaya!

Oops, you forgot something.

¡Vaya!

Las palabras que has introducido no coinciden con el texto. Inténtalo de nuevo.

You must be a member to comment on this page. Iniciar sesión or Register

0 comentarios